miércoles, 13 de febrero de 2008

ramon vigo visita RADIO NERIA


A Radio Neria segue crecendo no 107.8 da súa FM. Con apenas 10 días dende a súa posa en marcha, logo dun tempo inactiva, xa dá que falar por toda a bisbarra. O pasado sábado era Ramón Vigo, alcalde de Cee, que pasaba pola palestra do Acantilado onde Adrián Leira amenazándoo con tiralo ao abismo.
O Acantilado acompañáranos cada sábado ás 16:00 da man de Adrián Leira, que tamén participa no Matinal da Costa, levado por Juanma Buiturón de 12:00 a 14:00, programa no que Que pasa na Costa contará cunha sección semanal. Continuará así a colaboración entre ambas entidades.
Ramón Vigo
A entrevista, como non podía ser doutro xeito, contou cuns pequenos problemas técnicos, pero son cousas do directo. Nada grave, subimos un pouco volume e listo. Un dos temas máis importantes da charla foi o do tráfico na vila ceense. A contratación dunha grúa, xa que agora o servicio só traballa os domingos para o mercado, ser algunha das solucións ao problema. Tan importante será a actividade dos 8 municipais cos que conta o concello. Terán que establecer unhas regras e cumplilas mali que aquí xa sabemos que como ese coche que está no medio e medio é do señor Manolo, pois non lle vou poñer unha multa. Algo co que hai que acabar e os locais terán que facer o seu traballo a base de man dura se fai falla.
As obras da reconstrución da Praza da Muller, a do recheo diante do centro comercial, están a punto de comezar. Vigo sinala que a praza non pode ser un parking e que o coche non pode ser o que mande na praza grande da vila. Porque as prazas son para disfrutar, non poden ser un escalextri.
O alcalde recoñeceu que as obras para arranxar o polideportivo non se van a acometer por agora. Do mesmo xeito tampouco se construira un novo, de xeito que haberá que buscarse a vida polos polideportivos colidantes, como fai o ACB Costa da Morte que xoga no de Corcubión.
FONTE:QUEPASANACOSTA.COM

No hay comentarios: