jueves, 3 de abril de 2008

Xan Neria visitou O Acantilado de Radio Neria


O ultimo sábado do mes de marzo, día 29, o programa O Acantilado da Radio Neria, que se emite ás 16:00 na 107.8 da FM, convidou a Xan Garcia, secretario de Neria. Xan García, como ben sendo habitual, non reparou en repartir regalos pola bisbarra.
En dita entrevista, o secretario de Neria arremeteu contra un medio de comunicación e, máis concretamente, contra o seu director. Non fai falla dicir nomes, pero dito director púñase en contacto con el durante o programa que el mesmo presenta os sábados pola mañá. Xan, viña, entón cargadiño de enerxía da conversa mantiña pola mañá, cousa que na Radio Neria descoñecían (xan fora invitado xa 3 dias antes).
A cousa foise tranilquizando gracias ao bo facer do equipo da Radio Neria, con Adrián Leira nos micros. Adrián preguntoulle polos motes que recibía por Fisterra adiante, aos que respondeu con naturalidade e apromo, asegurando que non lle molestaban. Shinchan é mesmo dos máis suaves, segundo apuntou o propio secretario de Neria.
Para finalizar a entrevista, Xan quixo dedicar unhas cantas boas palabras, que tamén hai. Xan alabou a Rafael Mouzo (aínda non se coñecía a decisión do xa ex-alcalde de Corcubión); alabou tamén ao Cura de Cereixo, a Ramón Vigo e mandoulle unha aperta aos seus pais. Un Xan tan mediático coma sempre, vaia.

No hay comentarios: